Os perigos da mala alimentación son evidentes para calquera con sentido común. Desde este blog pretendo facer partícipe aos demais de receitas tradicionais de Galicia e doutros lugares, busco o goce do sinxelo cotiá e o exercicio dunha gastronomía responsable: non hai goce na mala dieta; dieta significa costume, neste caso alimentaria. Non hai goce nas malas costume, hai atrofia do padal.
Nova Galicia Edicións, na colección Que me dis de… ten publicado – setembro, 2007 - un volume titulado Alimentación Sa . Un libro extraordinariamente útil para que nenos e nenas -ou non tan nenos nin tan nenas- poida informarse e formarse sobre o tema. De feito é recomendable para calquera persoa con responsabilidades educativas. Ao longo de 55 páxinas magnificamente ilustradas e acompañadas dun texto moi didáctico, o autor achéganos á conceptos tan fundamentais como a alimentación, os diversos nutrientes e as súas función, as características dunha dieta correcta, exemplos de menús sans e a importancia do exercicio. Certamente hai que ter claro o que se quere transmitir para facer un exercicio de síntese tan ben conseguido como o que mostra este libro divulgativo que axuda a ter condutas alimentarias responsables e loitar contra o sobrepeso e a obesidade.
O autor é o doutor Lorenzo Pousa Estévez, Xefe da Unidade de Atención Primaria de Baiona y vicepresidente da Asociación Galega de Estudios da Dieta Atlántica (Asgaeda).
No hay comentarios:
Publicar un comentario