domingo, 7 de septiembre de 2014

jueves, 4 de septiembre de 2014

Tortilla de bogóns





Hoxe recuperamos un prato. Esta tortilla preparábaa miña avoa cando miña nai era nena: ten moito máis de cen anos, a receita.
O bogón é un peixe miúdo que aparece entre a xouba, se ben houbo tempo que se ía a el.


Bogón: substantivo masculino Peixe da familia dos aterínidos (Atherina presbyter), duns dezaseis centímetros de lonxitude, cor verdosa con pintas negras no dorso e abrancazada no ventre, que vive preto da costa formando cardumes Entre a fauna do tramo máis baixo do Miño atopamos bogóns  
 SINÓNIMOS piarda, pión
 Diccionario da Real Academia Galega

Boliche: :s. m. Arte de pesca que practica el arrastre y que ha reemplazado a la SECADA y al XEITO, por ser menos molesto.

Boliche da piarda (sin, bogón), aparejo que fué bastante usado en la ría de Pontevedra en tiempo de veda; pero suprimida ésta apenas se usa hoy. Utilizábase para él una lancha o bote ordinario; trabajaba en sitios de LIMPO; duraba el lance de 20 a 25 minutos; la temporada era de 15 de Febrero a 15 de Junio, y la compañía se formaba con siete u ocho hombres con el PATRÓN y el RAPAZ. Pescaba principalmente PIARDAS, BOGÓNS, SARRÁNS y CHOCOS; y esta pesca, a falta de la sardina, constituía el principal alimento de la clase marinera y de otras durante la veda.

Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo



Un  puñado de bogóns escamados, pois teñen máis escama que as xoubas
2 ovos batidos a punto de tortilla
Un dente de allo
Sal
Aceite

Pomos un pouco de aceite na sartén e douramos o allo que retiramos sen queimar. Nese aceite fritimos os bogóns salgados moi levemente.
Botamos o ovo batido e salgado e deixamos callar. Dámoslle a volta e servimos.