sábado, 3 de enero de 2015

Arroz cremoso con ameixas e leituga de mar

 
Facemos un sofrito coa cebola e o allo. Temos que caramelizar, para iso ímoslle engadindo pouco a pouco chorriños de viño branco e auga de hidratar as algas.

Engadimos o arroz para que se impregne ben do sofrito.

O caldo de abrir as ameixas témolo a ferver. Se non é suficiente, alargámolo coa auga de hidratar as algas e/ou con auga de mar.

Vamos engadindo este caldo ao arroz e revolvemos continuamente. Cando ó absorbe engadimos máis caldo. Todo isto a fogo medio ata que o arroz aos viente minutos esta cocido.

Agora incorporamos as ameixa e por último as alga escorridas e trinchadas.

Revolvemos para homoxenizar, probamos de sal e  espolvoreamos de perexil picado. Levamos á mesa.

 

Sidra Natural Maeloc