miércoles, 27 de agosto de 2014
martes, 26 de agosto de 2014
sábado, 16 de agosto de 2014
martes, 12 de agosto de 2014
Cintas de cabaciño salteadas con pesto de alfábega e piñóns
2 persoas
1 cabaciño grande a tiras
cortadas co pelador ou mandolina
Unha rodela grosa de xamón
cortada a cubiños
Un puñado de piñóns torrados na
sartén
1 c/s de pesto de alfábega
Queixo pecorino ou parmesano relado
na altura
Sal
Pementa
Aceite de oliva
Salteamos na sartén as cintas de
cabaciño aos poucos para que doren sen recocer. Teñen que quedar un pouco tesas
e debe facerse con pouco aceite para que o prato non resulte ao fin moi graxo:
ten que terse en conta que leva pesto, queixo, xamón e piñóns e todo isto
vaille aportar graxa.
A medida que as vamos salteando,
reservámolas nun prato. Cando estean todas salteadas, douramos levemente os taquiños de xamón na sartén
e axuntamos as cintas. Dámoslle calor e relamos queixo parmesano por riba e dámoslle
un golpe de pementa. Axustámoslle o sal.
Vertemos no recipiente de servizo
e pómoslle por riba unha boa cullerada sopera de pesto. Revolvemos para que se
reparta o mollo e engadimos os piñóns.
Servimos.
domingo, 10 de agosto de 2014
Guiso de cabaciño con tomate, anchoas e xamón
4 cabaciños
4 dentes de allo
moi picados
Un puñado de
alcaparras
Pementa
Curry
Sal
Unha lata de
anchoas
2 lonchas de xamón
picadas a taquiños
2 tomates picados a
cubiños
Perexel picado
Sal
Un chorro de
albariño
Abrimos os
cabaciños lonxitudinalmente e retirámolles as sementes. A estas metades cortámolas
outra vez á metade, da mesma forma,. Agora picámolos transversalmente obtendo
cuartos.
Salteámolos nunha
tixola con aceite de oliva a temperatura ben alta. Trátase de que se doren e
abrande sen cocerse. Hai que facelo aos poucos para que se manteña a
temperatura. e non recoza.
Unha vez todo dourado, engadimos allo, xamón, anchoas
picadas e alcaparras lavados; dámolles calor e espolvoreamos o curry e a
pementa. Botamos un chorro de albariñó e revolvemos. Deixamos cocer ata que
perda a humidade.
Pómolo na fonte e
por riba botámolles o tomate e o perixel picados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)