domingo, 10 de agosto de 2014

Guiso de cabaciño con tomate, anchoas e xamón




4 cabaciños
4 dentes de allo moi picados
Un puñado de alcaparras
Pementa
Curry
Sal
Unha lata de anchoas
2 lonchas de xamón picadas a taquiños
2 tomates picados a cubiños
Perexel picado
Sal
Un chorro de albariño


Abrimos os cabaciños lonxitudinalmente e retirámolles as sementes. A estas metades cortámolas outra vez á metade, da mesma forma,. Agora picámolos transversalmente obtendo cuartos.
Salteámolos nunha tixola con aceite de oliva a temperatura ben alta. Trátase de que se doren e abrande sen cocerse. Hai que facelo aos poucos para que se manteña a temperatura. e non recoza.
Unha vez  todo dourado, engadimos allo, xamón, anchoas picadas e alcaparras lavados; dámolles calor e espolvoreamos o curry e a pementa. Botamos un chorro de albariñó e revolvemos. Deixamos cocer ata que perda a humidade.
Pómolo na fonte e por riba botámolles o tomate e o perixel picados.

 

No hay comentarios: