miércoles, 31 de diciembre de 2014

Crema de arroz con leite


6 persoas (?)

180 gr. de arroz
3 litros de leite enteiro
Un pau de canela
Un vaina de vainilla aberta lonxitudinalmente
Unha estrela de anís
Unha peladura de limón
Unha noz de manteiga
8 c/de te de azucre
Sal

 

Facemos ferver os tres litro de leite cos aromático, a vainilla aberta ao longo. Deixamos que infusione durante uns vinte minutos. Facémolo ferver de novo e colamos un litro para a tarteira onde teremos o arroz á espera. A fogo vivo revolvemos enerxicamente: o arroz absorberá o líquido e espesará. Hai que  coidar que non se enganche ao fondo e se queime. Para isto baixaremos o lume e revolveremos con frecuencia. Aos poucos, engadiremos o resto de leite coándoo coidadosamente. E continuaremos revolvendo.  Este proceso durará aproximadamente unhas tres horas. A precaución principal é que non se enganche ao fondo.
Cando se acaban os tres litros de leite, xa teremos unha crema sen que apenas se lle noten os graos de arroz. Neste momento incorporaremos o sal con coidado... é mellor probar. A continuación, a noz de manteiga e o azucre. Revolveremos  e pasaremos a unha fonte fonda onde esperará para pasar ás copas de servizo.

Miña nai pediume que  cociñara sobremesa. A miña avoa Sofía facía arroz con leite para a cea de Fin de Ano. Vai por ela.


domingo, 21 de diciembre de 2014

Caldo de nabizas (*)





Preparamos un caldo de osos

Caldo de ósos

Tres litros de auga
Un óso de vitela da rabadilla
Un espiñazo de polo
Un porro (parte branca)
Unha cenoria
Un trozo de xamón
Un dente de allo
Unha rama de apio

Estes ingredientes ben lavados van á ola e cocerán durante unha hora e media a fogo suave. Iremos espumando durante a cocción. Ao termo, colamos e reservamos.

Pure de verdura

Cocemos nun litro de auga o seguinte:
2 nabos
½ cenoria
A parte branca dun porro
Ben cocido trirutamos e engadimos ao caldo reservado.


Lavamos 200 gr de nabizas, cortamos moi finas e facémolas cocer co caldo durante unha hora e media a lume moi baixo. 

Feito.

 (*) Nabiza: Folla tenra do nabo, antes de que este bote semente. Cando a bota chamase grelo.