Preparamos un caldo de
osos
Caldo de ósos
Tres litros de auga
Un óso de vitela da
rabadilla
Un espiñazo de polo
Un porro (parte branca)
Unha cenoria
Un trozo de xamón
Un dente de allo
Unha rama de apio
Estes ingredientes ben
lavados van á ola e cocerán durante unha hora e media a fogo suave. Iremos
espumando durante a cocción. Ao termo, colamos e reservamos.
Pure de verdura
Cocemos nun litro de
auga o seguinte:
2 nabos
½ cenoria
A parte branca dun
porro
Ben cocido trirutamos
e engadimos ao caldo reservado.
Lavamos 200 gr de
nabizas, cortamos moi finas e facémolas cocer co caldo durante unha hora e media
a lume moi baixo.
Feito.
(*) Nabiza: Folla tenra do nabo, antes de que este bote semente. Cando a bota chamase grelo.
Feito.
(*) Nabiza: Folla tenra do nabo, antes de que este bote semente. Cando a bota chamase grelo.
3 comentarios:
A ver hoo! Eu quero saber o que son as nabizas. Non durmo pola noite con tal inquietude!
A ver, ansioso/a, descansa. As nabizas son as follas temperás do grelo. Unha vez que os sementas, as primeiras follas da planta antes de grelar son as nabizas. Retiranse as follas que van saído antes de que a plante grele.
Un saúdo.
Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona
NABIZA
Las hojas del nabo, pero sin la flor, pues con ella se llama grelo.
Publicar un comentario