6 persoas (?)
180 gr. de arroz
3 litros de leite enteiro
Un pau de canela
Un vaina de vainilla aberta lonxitudinalmente
Unha estrela de anís
Unha peladura de limón
Unha noz de manteiga
8 c/de te de azucre
Facemos ferver os tres litro de leite cos aromático, a vainilla aberta ao
longo. Deixamos que infusione durante uns vinte minutos. Facémolo ferver de
novo e colamos un litro para a tarteira onde teremos o arroz á espera. A fogo
vivo revolvemos enerxicamente: o arroz absorberá o líquido e espesará. Hai
que coidar que non se enganche ao fondo
e se queime. Para isto baixaremos o lume e revolveremos con frecuencia. Aos poucos,
engadiremos o resto de leite coándoo coidadosamente. E continuaremos
revolvendo. Este proceso durará
aproximadamente unhas tres horas. A precaución principal é que non se enganche
ao fondo.
Cando se acaban os tres litros de leite, xa teremos unha crema sen que apenas
se lle noten os graos de arroz. Neste momento incorporaremos o sal con
coidado... é mellor probar. A continuación, a noz de manteiga e o azucre. Revolveremos
e pasaremos a unha fonte fonda onde
esperará para pasar ás copas de servizo.
Miña nai pediume que cociñara
sobremesa. A miña avoa Sofía facía arroz con leite para a cea de Fin de Ano. Vai por ela.
1 comentario:
Que rico el arroz con leche!! Y este tiene una pinta espectacular!!
Enhorabuena por el blog y Feliz Año Nuevo!!
Te dejamos nuestra web si no te importa: FormyCake
Publicar un comentario