domingo, 26 de septiembre de 2010

Xurelos aferventados

Prato tradicional -cocción de peixe azul- e esquecido; sinxelo e delicioso.



Por persoa:
1 xurelo grande
1 pemento verde
½ cebola
Porro
Sal grosa
Aceite de oliva
Zume de limón
Pementa negra



Limpamos o xurelo e tirámoslle a cabeza. Torámolo en tres e salgámolo con sal grosa. Mantémolo collendo o sal durante unas dúas ou tres horas.
Pomos auga ao lume e cando ferva, botamos as verduras a cocer. Cando estean case cocidas, pomos o peixe na auga. Cando levante o fervor de novo, empezamos a contar cinco minutos para que o peixe coza.
Servimos as verdura que queiramos ben escorridas o mesmo co peixe.
Retirámoslle a pel e temperamos con pementa, zume de limón e aceite de oliva. Si fora necesario, salgamos a verdura.