domingo, 21 de diciembre de 2014

Caldo de nabizas (*)





Preparamos un caldo de osos

Caldo de ósos

Tres litros de auga
Un óso de vitela da rabadilla
Un espiñazo de polo
Un porro (parte branca)
Unha cenoria
Un trozo de xamón
Un dente de allo
Unha rama de apio

Estes ingredientes ben lavados van á ola e cocerán durante unha hora e media a fogo suave. Iremos espumando durante a cocción. Ao termo, colamos e reservamos.

Pure de verdura

Cocemos nun litro de auga o seguinte:
2 nabos
½ cenoria
A parte branca dun porro
Ben cocido trirutamos e engadimos ao caldo reservado.


Lavamos 200 gr de nabizas, cortamos moi finas e facémolas cocer co caldo durante unha hora e media a lume moi baixo. 

Feito.

 (*) Nabiza: Folla tenra do nabo, antes de que este bote semente. Cando a bota chamase grelo.



3 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver hoo! Eu quero saber o que son as nabizas. Non durmo pola noite con tal inquietude!

El escribidor dijo...

A ver, ansioso/a, descansa. As nabizas son as follas temperás do grelo. Unha vez que os sementas, as primeiras follas da planta antes de grelar son as nabizas. Retiranse as follas que van saído antes de que a plante grele.
Un saúdo.

El escribidor dijo...

Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona
NABIZA

Las hojas del nabo, pero sin la flor, pues con ella se llama grelo.