martes, 12 de agosto de 2014

Cintas de cabaciño salteadas con pesto de alfábega e piñóns




2 persoas

1 cabaciño grande a tiras cortadas co pelador ou mandolina
Unha rodela grosa de xamón cortada a cubiños
Un puñado de piñóns torrados na sartén
1 c/s de pesto de alfábega
Queixo pecorino ou parmesano relado na altura
Sal
Pementa
Aceite de oliva

Salteamos na sartén as cintas de cabaciño aos poucos para que doren sen recocer. Teñen que quedar un pouco tesas e debe facerse con pouco aceite para que o prato non resulte ao fin moi graxo: ten que terse en conta que leva pesto, queixo, xamón e piñóns e todo isto vaille aportar graxa.
A medida que as vamos salteando, reservámolas nun prato. Cando estean todas salteadas,  douramos levemente os taquiños de xamón na sartén e axuntamos as cintas. Dámoslle calor e relamos queixo parmesano por riba e dámoslle un golpe de pementa. Axustámoslle o sal.
Vertemos no recipiente de servizo e pómoslle por riba unha boa cullerada sopera de pesto. Revolvemos para que se reparta o mollo e engadimos os piñóns.
Servimos.


No hay comentarios: