Facemos un sofrito coa cebola e o
allo. Temos que caramelizar, para iso ímoslle engadindo pouco a
pouco chorriños de viño branco e auga de hidratar as algas.
Engadimos o arroz para que se impregne ben do sofrito.
O caldo de abrir as ameixas témolo a ferver. Se non é suficiente, alargámolo coa auga de hidratar as algas e/ou con auga de mar.
Vamos engadindo este caldo ao arroz e revolvemos continuamente. Cando ó absorbe engadimos máis caldo. Todo isto a fogo medio ata que o arroz aos viente minutos esta cocido.
Agora incorporamos as ameixa e por último as alga escorridas e trinchadas.
Revolvemos para homoxenizar, probamos de sal e espolvoreamos de perexil picado. Levamos á mesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario