Hoxe recuperamos un prato. Esta
tortilla preparábaa miña avoa cando miña nai era nena: ten moito máis de cen
anos, a receita.
O bogón é un peixe miúdo que
aparece entre a xouba, se ben houbo tempo que se ía a el.
Bogón: substantivo masculino Peixe da familia dos aterínidos (Atherina presbyter),
duns dezaseis centímetros de lonxitude, cor verdosa con pintas negras
no dorso e abrancazada no ventre, que vive preto da costa formando
cardumes Entre a fauna do tramo máis baixo do Miño atopamos bogóns
Diccionario da Real Academia Galega
Boliche: :s. m. Arte de pesca que practica el arrastre y que ha reemplazado a la SECADA y al XEITO, por ser menos molesto.
Boliche da piarda (sin, bogón), aparejo que fué bastante usado en la ría de
Pontevedra en tiempo de veda; pero suprimida ésta apenas se usa hoy.
Utilizábase para él una lancha o bote ordinario; trabajaba en sitios de LIMPO;
duraba el lance de 20 a 25 minutos; la temporada era de 15 de Febrero a 15 de
Junio, y la compañía se formaba con siete u ocho hombres con el PATRÓN y el
RAPAZ. Pescaba principalmente PIARDAS, BOGÓNS, SARRÁNS y CHOCOS; y esta pesca,
a falta de la sardina, constituía el principal alimento de la clase marinera y
de otras durante la veda.
Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario
enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
Un puñado de bogóns escamados, pois teñen
máis escama que as xoubas
2 ovos batidos a punto de tortilla
Un dente de allo
Sal
Aceite
Pomos un pouco de aceite na sartén e douramos o allo que retiramos sen
queimar. Nese aceite fritimos os bogóns salgados moi levemente.
Botamos o ovo batido e salgado e deixamos callar. Dámoslle a volta e
servimos.
1 comentario:
Esa praia é Cesantes !.
Publicar un comentario