miércoles, 24 de diciembre de 2008

Bacallau asado ao modo da Sra. Adelaida dos Rapados


-->

Bacallau desalgado
Cebola finamente cortada
Aceite de oliva
Preparamos unha tarteira con cebola finamente cortada que cubra o fondo e unha boa capa de aceite e deixámola ao calor pero sen que estea directamente ao lume.
Asamos o bacallau na brasa ou na prancha e cando está asado pómolo na tarteira.
Cando cubrimos todo o fondo, volvemos a por unha capa de cebola e un pouco máis de aceite. De este modo imos facendo capas e a cada capa de cebola, pomos un pouco de aceite.
Acabamos cunha capa de cebola e aceite.
Tapamos a tarteira e deixamos repousar ao calor dez ou quince minutos e servimos

No hay comentarios: