Este é un prato que miña avoa preparaba cando eu era un neno. Recupéroo aquí grazas a outra avoa: a do meu alumno Eloi que, xunto coa avoa e nai de Rebeca e a nai de Mounsiff, tiveroa a xentileza de darnos os seu pans a probar.
O pan da casa de Eloy é un pan antigo, cocido en forno de leña, broa grande, asentada sobre follas de castiñeiro. É o pan da miña infancia. ¡Que bos pans! Moi agradecidos.
¿Unha persoa?
2 ovos fritidos en aceite de oliva
O miolo esfarelado de unha porción de pan de millo e centeo
1/3 de vaso de viño tinto de país
Azucre ao gusto
Sal
Canela
(As cantidade dependen do gusto de cada un.)
Nun cazo pomos o viño a ferver con un pouco de azucre para que adoce, perda ácido e alcohol.
Mentres tanto, fritimos os ovos, escorrémolos de aceite, salgamos e pómolos coa xema rota nun prato quente.
Esfarelamos o miolo do pan sobre eles. Botamos o viño por riba para humedecer o conxunto, non se trata de inundar de viño senón de mollalo. Sobre todo, esparexemos azucre e, se nos gusta, un pouco de canela, que lle queda moi ben.
Bo proveito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario