domingo, 4 de marzo de 2012

Biscoito



6 ovos
200 gr de azucre
250 gr de fariña de trigo
A reladura de medio limón
½ sobre de “Royal”
1 iogur
1 taza de café de aceite de xirasol
Manteiga para untar a forma
Fariña para esparexer n.o molde

Batemos os ovos, azucre e reladura de limón ata que adquira unha cor branca e que teña espesado.
Engadimos O iogur e o aceite de xirasol. Revolvemos para mesturar.
Imos incorporando a fariña ós poucos e revolvendo coa espátula ata mesturala toda.
Preparamos o molde untando a manteiga e esparexéndolle a fariña.
Vertemos a masa no molde.
Levamos ao forno que xa aqueceu ata os 160º y cocemos durante 25 minutos.


No hay comentarios: