¿4 persoas?
½ cebola moi picada
2 dentes de allo tratados da mesma maneira ca cebola
1/5 de pemento vermello e a mesma cantidade de pemento verde moi picados
2 vasos da auga da cocción do pulpo
2 culleradas de postre de pementón doce
Pementón picante (segundo gostemos)
Pementa recen moída
Aceite de oliva
Sal
Temos o pulpo cocido. Reservámolo na súa auga de cocción. Desta retiramos un vaso para engadir á auga onde cocerán os garavanzos.
Mentres cocen as legumes, imos preparando un sofrito; pomos no aceite quente a cebola, o allo e os pementos. Salgamos e imos facendo suar estas verduras. A media cocción, sempre suave, engadimos os pementóns, sen excedernos. Demasiado pementón estragaría o sofrito. Tamén coidaremos que non se queime, se fora preciso mollaremos cun pouco de auga de cocer o pulpo.
Cando o sofrito está ben meloso, escorremos os garavanzos en engadímosllos. Removémolo todo e incorporamos agora o pulpo, dámoslle un golpe de pementa e tornamos a remover. Teremos que engadir unha pouca de auga da cocción e cocer todo xunto durante uns 15 ou 20 minutos. Probamos, sazonamos se fai falta e xa podemos servir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario