miércoles, 17 de febrero de 2010

Xa venceu dona Coresma a don Carnal





No vou descubrir agora eu aquí a importancia gastronómica que ten o Entroido. Neste mesmo blog pódense encontrar entradas referidas a pratos propios destas datas. A partires de mañá entramos na Coresma porque, señoras e señores; xa pasou o Entroido este ano. Dona Coresma venceu unha vez máis a don Carnal.
Estas festas do Entroido son móbiles; cada ano establécese tendo en conta a primeira lúa chea posterior ao equinoccio de primavera. Vexamos para este ano e así serve de exemplo:
A primeira lúa chea posterior ao equinoccio de primavera (20 de marzo).
O domingo seguinte é Domingo de Pascua (4 de marzo) e o domingo da semana anterior é Domingo de Ramos (28 de febreiro).
Se a partires deste último contamos corenta días para atrás, temos Mércores de Cinza (17 de febreiro) : primeiro día de coresma e último de Carnaval.
Téñense proposto diversas etimoloxías para o termo “carnaval”, parece que ten que proceder de “carnis” e “levare”, é dicir, “quitar as carnes”. De forma similar a palabra “Carnestoltes” en catalán ou “carnestolendas” en castelán, procederían de “tollere” e “carnis” , co mesmo significado. Esta posibilidade etimolóxica vese reforzada porque a expresión completa coa que a Igrexas se refería a esta data era “Domenica Prima Carne Tolendas”, ou sexa; “o primeiro domingo antes de retirar a carne”
“Carnaval” refírese ao último día en que se pode comer carne antes de que chegue a prohibición de consumila na “Coresma”
“Entroido” e “Antruejo” según o DRAE proceden de “introitulus” diminutivo de “introitus” que vale por “entrada”, “entrada na coáresma” enténdese.


No hay comentarios: