500 gr. carne de porco para guisar
1 cebola mediana picada
¼ de pemento vermello picado
1 sobre de azafrán en po
Viño seco de Xerez
6 patacas pequenas por barba peladas e torneadas (enteiras e dándolle unha forma regular)
Un bo puñado de chícharos conxelados
Sal
Adobo
Unhas 24 horas antes pomos a carne en adobo impregnada con un dente de allo picadísimo, unha cullerada de pementón doce, pementa negra recen moída, catro culleradas de aceite de oliva e unha folla de loureiro.
Douramos a carne nunha tarteira con pouco aceite despois de salgala. Engadimos a cebola e o pemento vermello dámoslle unhas voltas para que doure un pouco e botamos o azafrán. Mollamos cun bo chorro de Xerez e engadimos as patacas e axustamos de sal.
Tapamos e deixamos cocer moi suave durante 30 minutos. Durante os dez últimos cocerá coas ervellas.
Cando vexamos que a carne e patacas están cocidas, apagamos o lume, deixamos repousar e servimos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario