Pan de bola lixeiramente
torrado, untado de allo e aceite do oliva.
Unha porción de queixo en cada
peza de pan e unha anchoa enriba.
Queixo fresco do Cebreiro
Produto con Denominación
de Orixe Protexida (D.O.P.) “Cebreiro”
A D.O.P. “Cebreiro”
ampara o queixo elaborado con leite pasteurizado procedente de gando
vacún das razas rubia galega, pardo-alpina, frisona ou dos seus cruzamentos. O
leite será enteiro e limpo, sen costros, conservantes ou produtos
medicamentosos e cunha composición equilibrada en graxa e proteínas, conforme
ás características e á estación do ano, para que o produto final teña un
contido graxo mínimo do 45%. O queixo do Cebreiro comercialízase tanto fresco,
como curado, cunha maduración mínima de 45 días. As pezas, entre 0,5 e 2 kg.,
preséntanse ao consumidor provistas da etiqueta comercial, na que se fai
referenci aá Denominación de Orixe Protexida, e unha contraetiqueta numerada e
controlada polo Consello Regulador.
Orixe
A área de produción, tanto do leite como do queixo,
está situada na provincia de Lugo, na zona de entrada a Galicia pola principal
ruta de peregrinaxe a Compostelao Camiño francés. Abrangue os concellos de
Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Courel, A
Fonsagrada, Láncara, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos e
Triacastela.
Características
O queixo amparado pola D.O.P. Cebreiro presenta unha forma
de seta ou gorro de cociñeiro cunha base cilíndrica de diámetro variable e un
sombreiro lixeiramente máis amplo cunha altura non superior a 12 cm. O seu peso
estará entre 0,3 e 2 kg. A súa codia é fina ou inexistente, firme, sen mofo e
de cor variable desde a branca ata a amarelada, segundo o grao de maduración. A
pasta é granulosa, branda, untuosa e fundente no padal, de cor branca e sabor
lácteo levemente ácido. O seu contido en graxa será superior ao 45% e inferior
a 60%, sobre extracto seco, e en proteína superior ao 30%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario