sábado, 23 de junio de 2012

Rodaballo en salsa verde con ameixas



8 persoas

1 rodaballo duns 3 kg
1 kg de ameixas babosas
6 dentes de allo
2 caienas
Abundante perexil picadísimo
Unha botella de albariño
Fariña
Aceite de oliva
Pementa
Caldo de peixe
Sal


 

Abrimos as ameixas pondo un dedo de líquido, metade auga e metade viño albariño. no fondo de un cazo tapado.
Nada máis empezar a abrir retirámolas do lume es vamos abrindo as ameixas e retirándolle unha das cunchas e reservámolas. Reducimos este liquido a metade e utilizarémolo par ir mollando o peixe. Hai que ter coidado con el porque é moi salgado.

Cortamos o rodaballo en lombos e salgámolos. Enfariñámolos moi lixeiramente.
No fondo da tarteira, pomos aceite de oliva e douramos o allo picado. Engadimos a caiena e incorporamos o rodaballo; mollamos cun chorro de viño e abundante perexil (é o verda da salsa). Dámoslle unhas voltas e deixamos evaporar o alcohol.
Dámoslle a volta ós lombos e imos engadindo en primeiro lugar parte do líquido da ameixa, a cantidade que admita porque xa dixemos antes que era  bastante salgado. A continuación adicionámoslle as ameixas e imos movendo a tarteira en redondo mentres engadimos o caldo de peixe aos poucos.
É necesario ter coidado  porque o peixe coce nun instante e non debe pasarse.
Cando estea cocido, xa fóra do lume, esparexemos o peixe de perexil e botámoslle por riba un chorro de aceite de oliva.

 

No hay comentarios: