lunes, 25 de junio de 2012

Patatas novas e ervillas guisadas en caldo de peixe



Facemos un caldo con cabeza e espiñas de peixe branco, con adición de porro, cebola, allo, cenoria, perexil e unha punta de apio; un chorro de viño branco e uns grans de pementa. Ferve suave vinte minutos e infusiona unha hora. Colamos.

Pelamos un kilo de patacas e medio de ervillas

Sofritimos cebola allo e pemento. Cando abrandaron adecuadamente. Botamos á tarteira patacas, azafrán, sal e caldo de peixe ata medio cubrir os froitos. Pasados dez minutos, engadimos as ervillas. Deixamos cocer ata o seu punto. 


No hay comentarios: