domingo, 15 de noviembre de 2009

Caldeirada de raia ao modo de Sofía Lorenzo



¿2 persoas?
500 gr de raia limpa e desprovista da pel escura
3 patacas medianas
½ cebola
½ pemento morrón picado groso
¼ pemento verde cortado do mesmo modo
½ cebola partida grosa
½ tomate a oitavos
1 c/café de pementón doce
½ c/café de pementon picante
Vinagre de viño
Sal
10 cl de Aceite de oliva virxe extra
Pomos a cocer as patacas coa media cebola en auga con sal.
Mentres tanto, quentamos o aceite nunha tixola e pochamos a cebola e os pementos. Cando isto abranda, pomos os pementóns coidando que no se queimen (baixamos o lume ou incluso retiramos do calor). Enseguida incorporamos o tomate e deixamos que vaia perdendo a auga. Neste momento vertemos un chorro de vinagre e subimos o lume para que perda a forza e só quede o aroma do mesmo. Reservamos en quente.
Cando teñan pasados quince minutos de cocción das patacas, retirámoslle a auga de cocción e case que a súa totalidade, apenas deixamos un pouquiño no fondo da tarteira e pomos a raía co seu sal sobre as patacas. Por riba deixámoslle caer o contido da tixola e tapamos a tarteira. Con uns dez minutos máis de cocción teremos as patacas cocidas e a raia no seu punto.
Servimos salseando co mollo por riba.
Sofía Lorenzo disfrutaba como ninguén cunha caldeirada deste tipo. Morreu con 92 anos xa hai moitos. Na casa seguimos facendo as caldeiradas ao seu estilo.




1 comentario:

Anónimo dijo...

Fantástica receta que me recuerda mucho a las que hace mi madre con los productos de su huerta (o peixe mércallo "ao pescantín que pasa por diante da porta e o pementón da casa PICHI")
¡Viva Sofía!