1 kg de fariña
250 gr de manteca
¼ paquete de fermento
Unha pel de limón relada
3 gotas de esencia de anís
3 gotas de esencia de vainilla
1/5 de vaso de leite fervido cunha rama de canela
9 ovos
300 gr de azucre
12 gr de sal fina
Primeiro apartamos dúas culleradas de azucre que utilizaremos para desfacer o fermento. Derretemos a manteca ao lume ou o microondas e esperamos que arrefeza. Pomos a ferver un pouco de leite cunha rama de canela. Posteriormente mesturamos tódolos ingredientes: os ovos, a fariña, o limón relado, o anís, a vainilla, o azucre, o fermento e o leite. Unha vez que teñamos todo mesturado, engadimos a manteca xa fría.
Deixamos levedar a masa nun sitio morno, sen correntes de aire.
Cando levede, tallamos a/as peza/s. Deixamos levedarar a/as rosca/s e cando suba pintámola con ovo batido e esparéxase por arriba con azucre humido e, no seu caso, adórnase con froitas confeitadas.
Cocémola no forno prequecido a 200ºC durante o tempo necesario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario