Mazás de temporada
Azucre
Auga
Pélamos as mazás e límpanse de calquera impureza. Cortámolas en cuartos e
cubrímolas con auga. Pómolas ao lume e deixámolas cocer ata que estean ben brandas.
Recollemos esta masa nun pano branco de algodón, facemos un atillo ben apertado
e, póndollo un peso enriba deixámolo en un coador sobre un recipiente que
recolla o líquido que se vaia desprendendo. Durante unhas doce horas
permanecerá en este estado.
Pesamos o líquido recollido e engadímoslle exactamente o mesmo peso en azucre.
Pómolo a cocer a lume suave ata que
espesa ao punto de que ao botar unha gota sobre un prato frío solidifica e non
corre. Mentres coce, espúmase suavemente sen revolver para librar a xelea de impurezas.
Previamente desinfectamos botes para conserva e envasamos en quente.Deixamos
arrefecer e tapamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario