3 pés de pack choi lavados e picados; por un lado a parte inferior máis dura, por
outro as follas verde que deixaremos case enteiras
2 puñados de setas shitake, picadas lonxitudinalmente
½ lata de anchoas escorridos de
aceite e picadas
½ rama de apio picado
2 dentes de allo fileteado
¼ de cebola laminada
1 cazo de caldo de cocido
Rulo de cabra cortado en pedazos medianos
Aceite de oliva
Pementa e sal
Pomos unha pequena cantidade de aceite na sartén (e non máis durante toda a
operación de salteado) e botamos o allo.
Antes de que colla cor, engadimos os tallos do pack choi, o apio e a cebola
e saltemos a fogo vivo.
Mollamos co caldo e cando empeza a ferver baixamos o lume e deixamos cocer
ata que a verdura se abrande e o caldo se consuma.
Agora pomos os champiñóns e continuamos salteando; cando amolezan e só
entón pomos as anchoas e as follas verdes do pack choi que se farán nun
instante. Salpementamos. Retiramos e empratamos
Xa no prato, pomos por riba o queixo e rogamos cun pouquiño de aceite.
(*) Pódese facer con
caltquera outra verdura e seta; en cambio non recomendo cambiar o tipo de
queixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario