domingo, 26 de abril de 2020

Lentellas con espinacas e outros



Baleiras un bote de lentellas cocidas nun coador e lávalas debaixo de billa. Deixalas escorrer.
Fas un sofrito con cebola, allo, porro, pemento verde e, ao final, tomate. Deixas confitar e a medio camiño, engades unha punta de chourizo e  outra de panceta picadas. Deixa que tome cor e o sofrito acabe de civilizarse. Entón súmaslle ao  asunto unha boa cantidade de follas de espinacas limpas e vas revolvendo ata que se cozan un pouco. A toda a mestura poslle sal, boa cantidade de pementa e un aire de comino moído.
Incorporas as lentella xa escorridas e súmaslle unha certa cantidade de caldo ou no peor dos caso auga. Nin moito; o volume para que non se auguen.  Se é necesario xa lle porás máis.
Deixas cocer a lume suave para que todo colla sabor, uns 15 minutos. Rectificas de sal se é necesario.
Feito;  xa tés un potaxe de lentellas de lentellas digno para levar á mesa. Aínda mellor se o podes reservar de un día para outro.


No hay comentarios: