sábado, 4 de abril de 2020

Coliflor con “regatoni”, alcaparras e uvas pasas



A estas alturas da confinación, se tes unha coliflor tal vez xa lle fales chamándolle polo nome ou te teñas decidido pola veciña a que nunca antes trataras pero comeces a mirala con bos ollos ou...calquera outra saída desesperada.
Si aínda non humanízache a hortaliza, limpa media e cócea en porcións pequena deixándoa un pouco dura e reserva en quente.
Nunha tixola doura unha cebola grande trinchada e catro dentes de allo tratados de igual maneira; engade un chile seco (guindilla). Non deixes que se queime e cando a cebola perda orgullo, reserva.
Nun cazo a propósito con auga ben salgada, coce un cuarto de quilo de “regatoni” integrais (o que nós chamamos toda á vida macarróns, pero estes teñen estrías ao longo.) ata que estean ao dente.
Nun vaso con auga quente pon a hidratar unha presa de uvas pasas e lava outra de alcaparras. Reserva
Mestura macarróns escorridos co sofrito da tixola. Voltea  a calor medio e engade alcaparras e uvas libres de auga. Acrecenta a coliflor e dálle voltas con suavidade para que nos se desfagan ás porcións, tal vez teñas que engadir un chorro de auga de cocción... Espalla queixo relado por encima (O que teñas, un de ovella castelán irá ben.) e acaba co pirixel picado.
Serve en quente e non lle fales á coliflor... 


No hay comentarios: