4 cabaciños
4 dentes de allo
moi picados
Un puñado de
alcaparras
Pementa
Curry
Sal
Unha lata de
anchoas
2 lonchas de xamón
picadas a taquiños
2 tomates picados a
cubiños
Perexel picado
Sal
Un chorro de
albariño
Abrimos os
cabaciños lonxitudinalmente e retirámolles as sementes. A estas metades cortámolas
outra vez á metade, da mesma forma,. Agora picámolos transversalmente obtendo
cuartos.
Salteámolos nunha
tixola con aceite de oliva a temperatura ben alta. Trátase de que se doren e
abrande sen cocerse. Hai que facelo aos poucos para que se manteña a
temperatura. e non recoza.
Unha vez todo dourado, engadimos allo, xamón, anchoas
picadas e alcaparras lavados; dámolles calor e espolvoreamos o curry e a
pementa. Botamos un chorro de albariñó e revolvemos. Deixamos cocer ata que
perda a humidade.
Pómolo na fonte e
por riba botámolles o tomate e o perixel picados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario